Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Tori VIII.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Tori VIII.

Cultivo: mexillón (M. Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 67, Vilagarcía A.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 15-4-2004.

Anterior concesionario: Barros Cuervo, S.L. (B-36.181.881).

Novo titular concesión: Vidal Padín, Sara (35.454.812) e Varela Abal, Benito (35.455.405).

Os novos concesionarios quedas subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións

legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 2 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8929