Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Téc
nico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: R.S. VIII.
Cultivo: mexillón (M. Galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 277, Vilagarcía B.
Data da concesión: 15-7-1953.
Data do remate da última prórroga: 3-9-2002.
Anterior concesionario: Vicente Mosquera, Mercedes (33.074.460).
Novo titular concesión: Vicente Vicente, Cesáreo (76.514.102).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 2 de setembro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
8928