Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 306/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,411 km, con orixe na L.M.T. aérea actual de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e final no C.T. proxectada Brea. Centro de transformación tipo intemperie Brea cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 1,04 km, orixe no C.T. proxectado Brea, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 306/98).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Brea (termo municipal de Fene).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 306/98.Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Brea.Termo municipal: Fene.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Lugar de PardoPradoINTELME, S.L.Estr. da Armada 17, 15520 Maniños, Fene350

2Lugar de PardoMonte altoINTELME, S.L.Estr. da Armada 17, 15520 Maniños, Fene13201

3Prado da FontePradoClaudina Antón FernándezAs Arangas 2, 15520 Maniños, Fene1221325

4Prado das ArangasPradoGaspar Marcos GarcíaO Pereiro 3, 15520 Maniños, Fene88871

5Prado do MortoMonte altoClaudina Antón FernándezAs Arangas 2, 15520 Maniños, FeneLAT238

6As ArangasMonte altoGaspar Marcos GarcíaO Pereiro 3, 15520 Maniños, Feneœ2124530

7As ArangasMonte altoEnrique Méndez MaceirasCórcega 3-Sobr., 08025 Barcelonaœ2132496

9As ArangasMonte altoGaspar Marcos GarcíaO Pereiro 3, 15520 Maniños, Fene28360

10As ArangasMonte altoManuel Rodeiro FormosoO Pereiro 33, 15520 Maniños, Fene63923

11Os TorreirosPradoMª de los Ángeles Barro PérezEstr. de Castela 80-1ºD, 15403 FerrolLAT44

15Os TorreirosPradoMª de los Angeles Barro PérezEstr. de Castela 80-1ºD, 15403 FerrolLAT60

16Os TorreirosPradoHrdos. Josefa Formoso Ameneir

Claudina Freire Formos

Brea 52, 15520 Maniños, FeneœC.T.362856

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

17Os TorrreirosPradoBernardo Rodríguez VilarBrea 52, 15520 Maniños, FeneœC.T.31102

8994