Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/129-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Beade capital.

Situación: Beade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 189 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. existente a C.T. existente en caseta Beade 1 e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Beade 3. 3 R.B.T.'S aéreas dos CC.TT. de Beade 1, Beade 2 y Beade 3 con 2.185, 485 e 1.440 metros, respectivamente, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 18 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8993