Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Paredes.
Situación: Verea.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 492 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de formigón da L.M.T. Bande-Conchas e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Paredes (en Vilar, ó lado da estrada Bande-Ourense). R.B.T. aérea do C.T. de Paredes con 1.506 metros en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 18 de setembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8996