Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 276/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a auto

rización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,821 km, con orixe na L.M.T. a C.T. LESA (expediente 27396) e final no C.T. proxectado Coirós de Abaixo. Centro de transformación tipo intemperie Coirós de Abaixo, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión cunha lonxitude de 0,145 km, orixe no C.T. proxectado Coirós de Abaixo, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 276/98).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Coirós de Abaixo (termo municipal de Coirós).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a

entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 16 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 276/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Coirós de Abaixo.Termo municipal: Coirós.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O CotoPradoEugenio Rivas OrjeiraA Casela-San Xulián 7, 15316 Coirós1050

2O CotoPiñeiral e eucaliptalManuel Crespo CrespoCollantres-San Salvador 6, 15316 Coirós1-œ23123600

3O CotoPiñeiral e eucaliptalManuel Crespo CrespoCollantres-San Salvador 6, 15316 Coirós20100

4O CotoPiñeiral e eucaliptalJoaquina Estrada MoradoQueiris-San Salvador 45, 15316 Coirósœ2131170

5O CotoPiñeiral e eucaliptalMª Elisa Tomé GonzálezCoirós de Abaixo-San

Xulián 39, 15316 Coirós

48240

6O CotoPiñeiral e eucaliptalEugenio Rivas OrjeiraA Casela-San Xulián 7, 15316 Coirósœ3122110

7O CotoPiñeiral e eucaliptalCarlos Rivas GarcíaAvda. Pasaxe 36-2ºA, 15006 A Coruñaœ3-43122610

9O CotoPiñeiral e eucaliptalManuel Sánchez ToméO Cruceiro-San Xulián 75, 15316 Coirós22110

10O CotoPiñeiral e eucaliptalElena Fraga VázquezChas-San Xulián, s/n, 15316 Coirós1890

11O CotoPiñeiral e eucaliptalMaría Viñas FuentesOs Currás 7, 15314 Areas, Paderne1890

12O CotoPiñeiral e eucaliptalJosé Fuentes DocampoCoirós de Abaixo-San

Xulián 33, 15316 Coirós

œ5117170

14O CotoPiñeiral e eucaliptalJosé Ferreño DíazCoirós de Abaixo-San

Xulián 24, 15316 Coirós

20100

17O CotoPiñeiral e eucaliptalManuel Martínez FragaCoirós de Arriba-San Xulián 9, 15316 Coirós6229125

19O CotoPradoCarmen Fraga Seoane

Ref.Antonio Sánchez Fraga

Coirós de Abaixo-San

Xulián 35, 15316 Coirós

7-8 e C.T.10175875

8995