Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Dirección da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 1/1998, par a subministración de 8 electrocardiógrafos, 3 desfibriladores e 5 espirómetros.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais ou periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de 8 electrocardiógrafos, 3 desfibriladores e 5 espirómetros.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. A subministración de 8 electrocardiógrafos, 3 desfibriladores e 5 espirómetros mediante concurso público nº 1/1998, por un orzamento de nove millóns seiscentas trinta mil catrocentas cincuenta pesetas (9.630.450 ptas.), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

Os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados antes do 28-12-1998.

3. Admisión de variantes.

Poderán presentarse ofertas variantes de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 70 22 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas.

Provisional:

Lote nº 1: 63.120 ptas.

Lote nº 2: 60.669 ptas.

Lote nº 3: 68.820 ptas.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primera de Santiago de Compostela, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1998.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela

9018