Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998 pola que se anuncia a información pública do aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

Augas de Galicia está tramitando o expediente correspondente á petición de concesión de referencia en virtude desta Presidencia do día 27 de marzo de 1998.

As características básicas do aproveitamento son as seguintes:

-Peticionario: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

-Caudal do aproveitamento:

* Pé do encoro: 4,5 m/sg.

* Derivación: 10,5 m/sg.

-Termo municipal: Caldas de Reis.

O aproveitamento consiste na construcción de dúas centrais, unha ó pé de presa e outra en derivación cos seguintes datos identificativos:

Central de pé de presa:

Salto bruto: 26 m.

Potencia nominal: 900 kW.

Nº de grupos: 2.

Potencia aparente por grupo: 500 kVA.

Cota de restitución ó río: 96 m.

Central de derivación:

Salto bruto: 95 m.

Potencia nominal: 8.100 kW.

Nº de grupos: 2.

Potencia aparente por grupo: 4.500 kVA.

Cota de restitución ó río: 27 m.

No proxecto que se expón ó público figura, como anexo, a relación de propiedades e dereitos afectados polas obras e institucións para os efectos da declaración de utilidade pública de acordo coa Lei de expropiación forzosa.

Con esta resolución dáselle cumprimento ó establecido no Regulamento do dominio público hidráulico, no Decreto 327/1991, de avaliación de efectos

ambientais para Galicia así como na lexislación de expropiación forzosa, establecéndose un prazo de vinte (20) días hábiles co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións ou reclamacións consideren procedentes ante o Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano s/n, 15701 Santiago de Compostela.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Ademais, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis.

A documentación técnica estará á disposición dos que se consideren interesados, para os únicos efectos informativos, nas seguintes dependencias oficiais:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano s/n, 15071 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feans, 7C. 15706 Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén terán para os ditos efectos informativos o estudio de efectos ambientais nos organismos e concello seguintes:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47-3º. 36001

-Concello de Caldas de Reis, rúa Ferreira, 1. 36650.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

9345