Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea S.A.I.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: S.A.I.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 9 Cambados G.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 24-3-2004.

Anterior concesionario: Agra Piñeiro, Emilio (33.150.439).

Novos titulares concesión: Piñeiro Rodríguez, Mª Carmen (33.255.205); Silva Fajardo-Julit, Ana-Esmeralda (52.452.508); Citoula Refojo, Ramón (76.515.172) e Piñeiro Rodríguez, Juan-Jesús (78.782.479).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

8915