Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 15 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de epizootias LU-288/1998, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Gonzalo Fernández Rodríguez e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-288/1998.

Denunciado: Elio Rodríguez Pereiro.

DNI: 34.254.616.

Último enderezo coñecido: Castillón, Ferreira de Pantón-Lugo.

Feitos imputados: encontrarse o día 24 de xullo de 1998 no mercado gandeiro de Monforte de Lemos con dous animais equinos, sen porta-la reseña destes.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 7 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro).

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1955.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Lugo, 15 de setembro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

8914