Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 20 de outubro de 1998 Páx. 11.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Resolución do 9 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do

día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para os días 4 e 5 do mes de decembro de 1998 en Santiago de Compostela.

Segundo.- A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións

coas Comunidades Galegas

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución da comisión.

2. Informe das actuacións realizadas en favor da Galicia exterior en 1998. Presentación da memoria anual.

3. Informe sobre as liñas de actuación para 1999, con especial referencia á celebración do 3º Día da Galicia Exterior.

4. Intervención e informe dos representantes das comunidades galegas na comisión delegada.

8944