Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.210

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de outubro de 1998 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados levada a efecto pola Orde do 3 de novembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 222, do 17 de novembro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo corres

pondente tribunal e publicada no DOG nº 196, do 8 de outubro de 1998, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que figuren no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública os documentos ós que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NO CORPO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN

DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO A), ESCALA DE LETRADOS

Apelidos e nomeDNINota

Nota

Nota

Nota

Nota

Nota

Total

Rodríguez González, José34.986.41221.531919.5184.7585.75
Valencia Vila, Santiago32.826.17227.22.6212518.54.2598.55
Vázquez Forno, Luis Jesús32.816.503182.619.521204.7085.80
Barreiro Díaz, José María32.776.65917.513.52318194.6385.64
García Magariños, Alfonso33.267.82925.52.622.521.5194.5595.65

9130