Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.209

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de outubro de 1998 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 21 de setembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da mesma dirección xeral do 21 de abril de 1998.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 21 de setembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución da devandita dirección xeral do 21 de abril de 1998 (BOE nº 109), e o anexo correspondente ó ambito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

«Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 21 de abril de 1998, de acordo coa competencia atribuída a estas no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das devanditas resolucións, adxudicacións coincidentes a favor de idénticos concursantes e, en consecuencia, levado a cabo por esta dirección xeral o preceptivo proceso de coordinación previsto no artigo 22.2º do citado real decreto co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos a favor dun mesmo concursante,

Esta dirección xeral resolve:

1. Elevar a definitivos os nomeamentos efectuados polas corporacións convocantes a favor dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, nos termos seguintes:

Comunidade Autónoma de Galicia

Secretaría categoría superior

A Coruña:

Concello de Oleiros 1557001.

Deserta trala fase de coordinación.

Pontevedra:

Concello de Marín 3626001.

Deserta tra-la fase de coordinación.

Intervención tesourería-categoría superior

Pontevedra:

Concello do Porriño 3638001.

Santirso Fernández, Miguel. DNI: 36.019.389.

Tesourería

A Coruña:

Concello de Oleiros 1557003.

Deserta trala fase de coordinación.

Intervención-tesourería categoría de entrada

A Coruña:

Concello de Carballo 1519001.

(Vice-intervención).

Suárez Ramos, Juan Bautista. DNI: 33.277.590.

Pontevedra:

Concello de Vilanova de Arousa 366002.

Deserta trala fase de coordinación.

Secretaría-intervención

A Coruña:

Concello de Curtis 1531001.

Nieto Lago, Luis. DNI: 35.998.046.

Lugo:

Concello de Castroverde 2711001.

Sampedro Millares, Ana. DNI: 33.221.243.

Ourense:

Concello de Rubiá 3271001.

Deserta trala fase de coordinación.

Concello de Vilar de Santos 3289001.

Ares Álvarez, Ana María. DNI: 35.314.376.

Pontevedra:

Concello da Illa de Arousa 3664301.

Conde López, Monserrat. DNI: 34.251.849.

Concello de Rodeiro 3646001.

Novo Ramos, José María. DNI: 33.258.598.

2. Os restantes postos convocados non foron obxecto de adxudicación pola falta de solicitantes, por non reuniren estes os requisitos ou puntuación mínima e pola falta de resolución ou da súa remisión a esta dirección xeral por parte das corporacións respectivas.

3. O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se formalizan os nomeamentos será de tres días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade, e dun mes, se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación desta resolución no BOE. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá contarse desde a devandita publicación. Nembargantes, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 32.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

4. As corporacións locais deberán remitirlles a esta dirección xeral e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e do cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se produzan».

9249