Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (36/1998).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data 10 de setembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente a alegación presentada por Fernando Otero Marquina en representación de Tomás De la Fuente Rodríguez con base nos informes técnicos e xurídicos que constan no expediente.

2. Aprobar definitivamente a instancia de Celso Carid Rial, en representación de Promotora Drinco S.L. o proxecto de urbanización da zona 3A do SU-14 do PXOU de Ourense, condicionada ó cumprimento das condicións técnicas sinaladas polo Servicio de Enxeñería do 30 de abril de 1998 e do Servicio Eléctrico do 5 de xuño de 1998; á aprobación do proxecto de construcción de glorieta na

Avda. de Zamora e logo de constitución de garantía polo importe de 38.525.109 pesetas, trinta e oito millóns quinientas vinte cinco mil cento nove pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros se así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de setembro de 1998

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8933