Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (80/1998).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 80/1998, cítase a denunciada Luz Aideg Marín Garcez, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 11 de novembro de 1998, ás 11.25 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoa de que pode ser asistida de avogado e de que deberá

acudir coas probas que teña e prevíndoa de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre ela os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O/a secretario/a

Rubricado

9047