Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1998 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas para a promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala de técnicos de xestión polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 22 de outubro de 1997 da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 17 de novembro), e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

O rector, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e o artigo 78 n) dos estatutos da universidade

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta convocatoria.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira da escala de técnicos de xestión

da universidade, os interesados prestarán xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979 do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollida no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a publicación desta resolución, debendo comunicarlle previamente ó rector da universidade a súa interposición.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1998.

P.D. (R. 22-9-1998)

Cástor Méndez Paz

Vicerrector de profesorado da Universidade

de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela.

Carracedo Doce, Francisco 32.616.715.

Clavero Iglesias, Manuel 32.612.484.

García Mella, Dulce María 52.431.534.

Sánchez Fernández, Pedro Manuel 7.821.868.

Angulo Carballal, María Teresa 32.366.429.

9027