Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos procedementos negociados sen publicidade de varios servicios técnicos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/95, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións definitivas dos procedementos negociados sen publicidade de varios servicios técnicos:

1. Replanteo de novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona dos Panascos (Tomiño-Pontevedra) RF-2483.

Orzamento base de licitación: seis millóns duascentas once mil oitocentas pesetas (6.211.800 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Ott-Consa, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas unha mil duascentas dez pesetas (5.901.210 ptas.), IVE incluído.

2. Preparación das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Paradela (Meis-Pontevedra) BD-2593.

Orzamento base de licitación: oito millóns seiscentas setenta mil cincocentas cincuenta e tres pesetas (8.670.553 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Eido Ingenieros, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.), IVE incluído.

3. Realización dos estudios sobre preparación das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Videferre (Oímbra-Ourense) BD-2579.

Orzamento base de licitación: cinco millóns oitocentas setenta e catro mil cento trinta e tres pesetas (5.874.133 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Euroagro Ingeniería, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cinco millóns setecentas vintesete mil duascentas oitenta pesetas (5.727.280 ptas.), IVE incluído.

4. Estudios para a preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña) AC-1977.

Orzamento base de licitación: dezaseis millóns trescentas corenta e oito mil duascentas noventa e dúas pesetas (16.348.292 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Desherca Ingenieros, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: quince millóns seiscentas setenta e cinco mil pesetas (15.675.000 ptas.), IVE incluído.

5. Realización dos estudios sobre preparación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra) BD-2596.

Orzamento base de licitación: once millóns cincocentas trinta e tres mil cento cincuenta e sete pesetas (11.533.157 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Cotiasa, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.), IVE incluído.

6. Realización dos estudios sobre preparación das bases definitivas de concentración parcelaria de Faramontaos-Proente (A Merca-Ourense) BD-2580.

Orzamento base de licitación: once millóns trinta e seis mil setecentas cincuenta e tres pesetas (11.036.753 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 18 de agosto de 1998.

Contratista: Eido Ingenieros, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: dez millóns seiscentas mil pesetas (10.600.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9139