Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para as instalacións eléctricas que se describen.

Pola resolución da Direccion Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, con data do 12 de maio de 1998, aprobouse o proxecto de

execución e a autorización administrativa do parque eólico do Vicedo (expediente 003/EOL).

Na devandita resolución declarábase, así mesmo, a non procedencia de declara-la utilidade pública dos bens e dereitos afectados pola concesión mineira Conchitina nº 4980, mentres non se declarase previamente a compatibilidade entre o parque eólico e o mencionado dereito mineiro, ou no caso de que non fosen compatibles, cál das actividades debería prevalecer sobre a outra.

Que por resolución da Consellería de Industria e Comercio, con data do 10 de setembro de 1998, se declarou a compatibilidade das mencionadas actividades así como a declaración de utilidade pública dos predios afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia con data do 25 de setembro de 1998, número 187, e corrección de erros, tamén publicada no mesmo diario oficial con data do 30 de setembro, número 190.

De acordo con ela, esta delegación provincial, cumprindo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no concello onde se localizan os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no mencionado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese, o de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo ir acompañados dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas.

Esta publicación realízase igualmente pra os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, segundo se relaciona no anexo.

No expediente de expropiación, Eurovento, S.L. (Unipersonal) asumirá a condición de beneficiaria.

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos o en paradoiro descoñecido:

Termo municipal: O Vicedo.

PN= 3 TD= Hdos. de Juan Vizoso. Descoñecido L= Cordal (Xurbal) A= 451 m CT=MB

PN= 6 TD= Hdos. de Vicente Vizoso. Descoñecido L= Cordal (Xurbal) A= 184 m CT=MB

PN= 84K TD= Descoñecido L= Sub Pao do Lobo (Mosende) A= 749 m CT=MB

PN= 114 TD= Descoñecido L= Foxo do Cabrito (Mosende) A= 465 m CT=MB

PN= 117 TD= Descoñecido L= Foxo do Cabrito (Mosende) A= 769 m CT=MB

PN= 121 TD= Descoñecido L= Foxo do Cabrito (Mosende) A= 483 m CT=MB

PN= 125 TD= Descoñecido L= Rego da Serpe (Mosende) A= 438 m CT=MB

PN= 126 TD= Descoñecido L= Rego da Serpe (Mosende) A= 819 m CT=MB

PN= 138 TD= Descoñecido L= Pena das Seixas (Mosende) A= 3863 m CT=MB

PN= 235 TD= Descoñecido L= Pena Mascoto (Xurbal) A= 7703 m CT=MB

PN= 1 TD= Descoñecido L= Poceiras (Mosende) A= 35 m CT=MB

PN= n TD= Descoñecido L= Poceiras (Mosende) A= 3 m CT=MB

Abreviaturas utilizadas:

PN= predio número, TD= titular e domicilio, L= lugar, A= afección, CT= clase terreo, MB= monte baixo.

Lugo 1 de outubro de 1998.

Serafín Núñez Ramos

Delegado provincial substituto de Lugo

8867