Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/310-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Rivera de Mayo.

Situación: Muros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 165 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Portiño, a suprimir e remate no C.T. Rivera de Mayo, a instalar. Centro de transformación en edificio vivendas, en Rivera de Mayo, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede

subterránea, en conductor R.V. de 260 m de lonxitude. Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de setembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

8568