Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/305-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Ponte Baxoi-Leiro.

Situación: Miño.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 50 mm Al, de 2.219 m de lonxitude, con orixe no C.T. Leiro 2 (expediente 27894) e discorrendo polos lugares de Visouteiro, O Valiño, O Picho, A Castela, A Granxa e O Patelo, da parroquia de Leiro. Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de setembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

8567