Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/289-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Avda. Generalísimo, 55.

Situación: Sada.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 9 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o Frente de Xuventudes (expediente 5580) e remate no C.T. Avda. Generalísimo, 55, a instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede subterránea de baixa tensión, baixo tubo, con conductor R.V. de 15 m de lonxitude. Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de setembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

8577