Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Teixeiro-Biduído.
Situación: Somozas.
Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 0,380/0,220 kV, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z.: de 760 m de lonxitude desde o C.T. Poelle, de 740 m de lonxitude desde o C.T. Enchousas. Somozas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 3 de setembro de 1998.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
8575