Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (238/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 11 de setembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por catorce votos a favor e trece en contra, acordou:

1. Aprobar inicialmente o Plan Parcial do Sector A-3 do PXOU de Ourense, a pedimento de Pablo Prada Valencia en nome e representación dos propietarios do Sector A-3, condicionado á aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU.

2. Requiri-los propietarios para que presenten a garantía do 6% así como a xustificación dos medios económicos e financeiros de que dispoñan para a execución deste plan.

3. Expoñelo ó público polo prazo dun mes, ordenando a publicación de anuncios no DOG e nun xornal de ampla difusión da provincia.

4. Notificárlle-lo acordo a tódolos interesados».

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 18 de setembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8553