Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (301/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 11 de setembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por dezanove votos a favor e sete abstencións, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual de planeamento na zona 5 do S.U.-46 do PXOU de

Ourense, a pedimento de Francisco Fernández de Prado e outra. E

2. Somete-lo expediente á información pública».

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 18 de setembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

9065