Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos de consultoría e asistencia que se citan.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dos seguintes contratos de consultoría e asistencia.

A) Execución da enquisa de intercambios de mercadorías co Norte de Portugal, 1997.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.2/201.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: traballos de campo da enquisa de intercambios de mercadorías co Norte de Portugal, ano de referencia da información 1997.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº138, do 20 de xullo de 1998.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 4.400.000 de pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 8 de setembro de 1998.

b) Empresa adxudicataria: Obradoiro de Socioloxía, S.L.

c) Importe: 4.000.000 pesetas.

B) Codificación de literais, estimación de diversas variables e a tabulación da estatística de poboación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/2.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: codificación de literais, estimación de diversas variables e a tabulación da estatística de poboación.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 155, do 12 de agosto de 1998.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 12.500.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de setembro de 1998.

b) Empresa adxudicataria: Odec, Centro de Cálculo y Aplicaciones Informáticas, S.A.

c) Importe: 11.500.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.

J. A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9074