Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de setembro de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido do expediente C-136-CD/63, conta 1077, en aplicación da disposición transitoria 2ª alínea B.4, por falecemento do seu titular e inexistencia de persoas con dereito a subrogárense.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da súa vivenda.

Contra a devandita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 16 de setembro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: C-136-CD/63 (desafiuzamento non ocupación 75/98).

Conta: 1077.

Nome: Elena Ambros Iglesias.

Último enderezo coñecido: Barrio das Flores, r/ Violetas, bloque 35, portal 21-6º Esq. (A Coruña).

Data da resolución: 16 de setembro de 1998.

8739