Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TERCEIRA relación de obras de plans provinciais e rede viaria local de 1998.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras.

Nº/denominación/concello/prazo de execución/clasificación/orzamento.

Rede viaria local do POL adicional 1994-1997:

-436/CP 210 Maceda-Alto do Rodicio, p.k. 1,65-2,15/Maceda/5 meses/-/15.000.000.

-437/Camiño A Corredoira-Paradela, p.k. 1,9-2,7/Manzaneda/5 meses/-/9.000.000.

-440/CV 650 Moreiras-Trelle, p.k. 4,1-4,25/ Toén/3 meses/G.6.c, B.2.c/25.000.000.

Plan complementario ó POL de 1998 (rede viaria local):

-444/CV 25 Porto Alto-Sarreaus, p.k. 7,1-8,7/Sarreaus/G.4.d/20.000.000.

Plan complementario da rede viaria local de 1998 (plan base):

-67/CP 2 A Rúa-A Ponte Nova/ O Barco de V./5 meses/A.1.c, G.4.c/20.000.000.

Plan Interreg:

-26/96/Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/ C. de Randín/3 meses/-/9.160.102.

-12/97/Estr. Bande-Lobeira-Entrimo-F. de Portugal/Bande e Lobeira/3 meses/G.4.d/22.158.000.

-13/97/ Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/C. de Randín/3 meses/G.6.d/26.931.900.

-14/97/Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal/Xinzo, Trasmiras, Cualedro/3 meses/ G.4.d/36.392.215.

-12/98/Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/Os Blancos e C. de Randín/5 meses/ G.4.c/76.900.000.

Comarca de acción especial II:

-70/rede de sumidoiros N-525/Coles/4 meses/-/15.000.000.

Ourense, 28 de setembro de 1998.

O presidente

Rubricado