Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de licitación de contrato de execución de obra.

Por medio da presente resolución anúnciase a contratación da obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento de accesos á estrada provincial Tolda-CC 630. Pontes sobre o río Fervedoira en pk 0+951 e 1+759.

b) División por lotes e número: un só lote.

c) Lugar de execución: municipio de Lugo.

d) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 67.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: do 2% do orzamento de licitación, depositada na caixa desta deputación provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Negociado de Plans Especiais.

b) Domicilio: rúa San Marcos, nº 8.

c) Localidade e código postal: 27001 Lugo.

d) Teléfono: 982 22 50 11, extensión 216.

e) Telefax: 982 25 22 13 ou 24 46 62.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o seguinte día anterior hábil ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subrupo 6 e categoría d.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Rexistro xeral de 10 a 14 horas. Admítense as propostas presentadas por correo, dentro deste prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle á deputación provincial a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, neste prazo. Igualmente serán admitidos aqueles que o efectúen nos organimos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo efectua-la notificación anteriormente sinalada a este organismo provincial.

2. Domicilio: rúa San Marcos, número 8.

3. Localidade e código postal: 27001 Lugo.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses (3).

e) Hora: doce (12) horas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Secretaría Xeral. Mesa de Contratación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, numero 8.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o quinto (5) día hábil, seguinte o de finalización do prazo de presentación das ofetas.

e) Hora: doce (12) horas.

10. Outras informacións: no servicio de Plans Provinciais e Contratación. Negociado de Plans Especiais.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Lugo, 4 de setembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

9043