Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: prestación do servicio de conservación e mantemento da iluminación pública e demais instalacións e dependencias municipais.

Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 120.000 ptas.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, en horario das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, do xeito e coa documentación que se indica no prego de condicións e segundo o modelo de proposición anexo a este.

Apertura de plicas: na Casa do Concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, excepto sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: na secretaría do concello.

Prego de cláusulas administrativas: rexen as aprobadas pola Corporación Municipal con data do 25 de xuño pasado e publicadas no BOP nº 175, do 1 de agosto de 1998.

Trazo, 3 de setembro de 1998.

Jesús Dubra Rama

Alcalde

9011