Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da parcela número 4 do campus universitario en desenvolvemento do PERI da unidade de actuación número 19 do PXOU, para o sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o trinta de xullo de mil novecentos noventa e oito, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela número 4 do campus universitario en desenvolvemento do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 19 do vixente PXOU, instrumento formulado pola Universidade de Vigo e redactado polo arquitecto José Ramón Rúa Rodríguez, supervisado pola Unidade Técnica da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 25-3-1998, coa finalidade de establece-lo sinalamento das aliñacións as rasantes e a ordenación de volumes desta parcela, de acordo coas determinacións do PERI citado.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acordo se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 4 de setembro do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8475