Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.008

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 15 de outubro de 1998, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 10 de outubro de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 24 de setembro de 1998.

Rafel Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Concursos convocados por resolución da universidade do 5-6-1998 (BOE do 29 de xuño).

Concurso nº: 46.

Nº sorteo: 36249.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía vexetal.

Presidente titular: José Luis Pérez-Cirera López-Niño.

Vocal secretaria titular: M. Isabel Fraga Vila.

Concurso nº: 47.

Nº sorteo: 36250.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación.

Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.

Vocal secretario titular: Jesús Miguel Muñoz Cantero.

Concurso nº: 48.

Nº sorteo: 36251.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Alejandro C. Pazos Sierra.

Concurso nº: 51.

Nº sorteo: 36252.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: radioloxía e medicina física.

Presidente titular: Jorge Teijeiro Vidal.

Vocal secretario titular: José Manuel Pumar Cebreiro.

Concurso nº: 53.

Nº sorteo: 36253.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Presidenta titular: M. del Milagro Rey Hombre.

Vocal secretario titular: Ramón Rodilla del Barrio.

Concurso nº: 54.

Nº sorteo: 36254.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: mecánica de medios continuos e teoría de estructuras.

Presidente titular: Juan Bautista Pérez Valcárcel.

Vocal secretario titular: Emilio Martín Gutiérrez.

Concurso nº: 55.

Nº sorteo: 36255.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica da expresión corporal.

Presidenta titular: Herminia García Ruso.

Vocal secretaria titular: Claudina de Mena Rocha.

8691