Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.000

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de setembro de 1998 pola que se integra a sección de formación profesional de primeiro grao de Mondoñedo no instituto de educación secundaria San Rosendo da mesma localidade.

Por Orde do 26 de setembro de 1983 (Diario Oficial de Galicia, do 22 de outubro), créase a sección de formación profesional de primeiro grao de Mondoñedo, adscribíndoa ó instituto politécnico de Lugo, actualmente denominado instituto de educación secundaria nº 1.

Tendo en conta que segundo o establecido no artigo 30 do Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), modificado polo artigo 18 do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, así como no artigo 1 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia, do 9 de agosto), polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, a formación profesional pode ser impartida en centros específicos ou en centros de educación secundaria e/ou bacharelato.

Considerando que a adscrición, no seu día, da sección de formación profesional de Mondoñedo ó referido instituto presenta dificultades de orde académico-administrativa debido á distancia existente entre ámbolos dous centros, procede modifica-la adscrición coa finalidade de lograr unha maior coordinación das estructuras educativas e un mellor aproveitamento dos recursos persoais e materiais da localidade de Mondoñedo.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23) en harmonía co disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, polo que lle corresponden as competencias en materias de planificación, regulación e administración do ensino regrado, á vista dos correspondentes informes e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPOÑO:

Primeiro.-Integra-la sección de formación profesional de primeiro grao de Mondoñedo no instituto de educación secundaria San Rosendo da mesma localidade.

Segundo.-O profesorado con destino definitivo na referida sección de formación profesional queda integrado no instituto de educación secundaria San Rosendo, recoñecéndolle, para efectos de permanencia ininterrompida no centro, a data de posesión na mencionada sección.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

8964