Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 10.999

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de agosto de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación dos institutos de educación secundaria da Pontenova (Lugo), O Grove (Pontevedra) e número 6 de Vigo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Provincia: Lugo.

Concello: A Pontenova.

Localidade: Vilaodriz.

Código do centro: 27016297.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria da Pontenova.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Grove.

Localidade: O Grove.

Código do centro: 36019232.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria do Grove.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Monte da Vila.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Código do centro: 36014568.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 6.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Valentín Paz Andrade.

8803