Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Corporativo adoptado en sesión extraordinaria urxente do 24 de setembro de 1998 aprobouse o expediente administrativo para contratar mediante concurso con procedemento aberto, tramitación urxente, a obra Centro Sociocultural de Cedeira.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: construcción do Centro Centro Sociocultural.

b) Lugar de execución: Cedeira.

c) Prazo de execución: 2 anos de acordo co programa de traballo aprobado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Cento sesenta e sete millóns cincocentas noventa e seis mil cento trinta e nove (167.596.139) pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 3.351.923 ptas.

Definitiva: 6.703.846 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: rúa Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

f) Data límite para obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista.

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cedeira. Enderezo: rúa Real, 15. Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura das proposicións (artigo 90 LCAP).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Enderezo: rúa Real, 15.

c) Localidade: Cedeira 15350.

d) Data: primeiro mércores hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 13 horas.

f) Lugar: salón de comisións do Concello de Cedeira.

10. Criterios de adxudicación do concurso.

Os establecidos na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares.

O prego de cláusulas administrativas aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria urxente do 24 de setembro de 1998 exponse ó público na secretaría do concello por prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame e reclamacións, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra el.

Cedeira, 25 de setembro de 1998.

Leopoldo Rubido Ramonde

Alcalde-presidente

8921