Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se convoca concurso, por procedemento aberto e tramitación urxente, expediente 8/1998.

Obxecto: execución das obras do edificio de usos múltiples socioculturais.

Lugar de execución: concello de Arbo.

Orzamento: 77.815.000 pesetas.

Prazo de execución: 12 meses.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, trámite urxente.

Garantía provisional: para participar no concurso 2% do tipo de licitación. Definitiva: ó 4% do mesmo tipo.

Información: Concello de Arbo.

Proposicións: data límite de presentación ás 14 horas do prazo de 13 días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: no BOP de Pontevedra.

Arbo, 28 de setembro de 1998.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde

9004