Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO.

Con data do 20 de agosto de 1998, a Xunta da Mancomunidade de Concellos do Morrazo aprobou o expediente de contratación para a adxudicción da consultoría/asistencia para a realización de traballos correspondentes ó desenvolvemento do Plan de Xestión Integral de RSU da mancomunidade.

De conformidade co sinalado no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 871/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante oito días o prego de condicións, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións, anunciándose ó mesmo tempo a licitación acordada, que se aprazará no suposto de que se formulasen alegacións.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

a) Órgano: Xunta de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 2/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación para a adxudicación da consultoría/asistencia para a realización de traballos correspondentes ó desenvolvemento do Plan de Xestión Interal de RSU da mancomunidade.

b) Prazo de execución dos traballos: 5 meses desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: cinco millóns de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: duascentas mil (200.000 ptas.) (4% do orzamento de licitación).

6. Obtención de documentación e información: Mancomunidade de Concellos do Morrazo, Secretaría xeral; Eduardo Vicenti nº 9, 36930, Bueu. Teléfono: 986 32 02 52. Fax: 986 32 20 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro dos 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día coincidise en sábado, prorrogarase ó seguinte non festivo.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Secretaría Xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Concello de Bueu.

9. Apertura de ofertas.

Ás 12 horas do día seguinte hábil, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de sesións do Concello de Bueu, sede da mancomunidade.

Bueu, 25 de agosto de 1998.

Xosé Novas Piñéiro

Presidente

8294