Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do 10-8-1998 foi aprobado o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso para a realización dos traballos de actualización do inventario de bens municipais (incluído luz, saneamento, etc.), o cal é exposto ó público durante o prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da inserción deste no Diario Oficial de Galicia para os efectos de reclamacións.

Asemade, anúnciase concurso, aínda que a licitación quedará aprazada no suposto de que se produzan reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ponteareas.

2. Obxecto do contrato: realización dos traballos de actualización do inventario de bens municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: non se sinala o tipo de licitación.

5. Garantías:

Provisional: 25.000 ptas.

Definitiva: 50.000 ptas.

6. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais que comezarán a contar a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e BOP (no último que saia publicado).

Documentación : a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

Horas: das 9.30 ás 14.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral do Concello. Teléfono: 986 64 00 00.

8. Apertura de ofertas: terá lugar na Casa do Concello de Ponteareas ás 12 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non coincida en sábado ou festivo; en tal caso serán abertas o día seguinte hábil.

9. Outras informacións: o modelo axustarase ó contido no anexo do prego de condicións.

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ponteareas, 11 de agosto de 1998.

José Castro Álvarez

Alcalde

8301