Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, pero que foron cancelados con posterioridade.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica establece, que ós avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Como queira que en virtude do decreto mencionado se concederon avais que posteriormente non se chegaron a formalizar por diversas causas.

RESOLVO

Único.-Darlles publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do Igape que non foron formalizados por diversas causas e consecuentemente foron arquivados:

Juan Varela Espiñeira, S.L.

Onza de Oro, S.A.

Gea, S.A.

Sepyc, S.A.

Clabinal España, S.A.

Dalphi Metal España, S.A.

Luis Calvo Sanz, S.A.

Ferroplast, S.L.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

8421