Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de setembro de 1998 pola que se procede á regularización da situación administrativa da batea Fajardo.

Visto o expediente promovido por Santiago Fajardo Baúlde con DNI 35.384.352 titular do viveiro denominado Fajardo con autorización provisional de fondeo na cuadrícula nº 35, do polígono Cambados I, outorgada pola Comandancia de Mariña con data do 10-10-1980.

Considerando que a comisión de revisión e reordenación de polígonos de viveiros flotantes da provincia de Pontevedra, na reunión celebrada con data do 28-6-1991 propón que se lles outorgue concesión

administrativa ás autorizacións provisionais fondeadas e que se encontren en explotación.

Considerando que a citada batea figura incluída na folla nº 142 das bases de revisión do distrito marítimo de Cambados, feitas públicas no Diario Oficial de Galicia nº 139, do 7-10-1991.

Tendo en conta o disposto na circular 7/1992, do 27-6-1972, da Dirección Xeral de Pesca Marítima, no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños e demais lexislación aplicable.

Esta consellería, facendo uso das competencias e facultades que ten conferidas, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños e logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico

RESOLVE:

Regulariza-la situación administrativa para a explotación do viveiro Fajardo cuadrícula nº 35, do polígono Cambados I, pertencente ó distrito marítimo de Cambados.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: a concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, prorrogables por períodos sucesivos de dez anos, ata un máximo de dúas prórrogas.

Segunda: as características do viveiro serán as seguintes:

Nome da batea: Fajardo.

Titular da concesión: Santiago Fajardo Baúlde.

Situación: cuadrícula nº 35 polígono Cambados I.

Características do artefacto:

Plataforma: 20 x 18 m.

Flotadores: 6 de 2,50 x 2,50 m.

Características de cultivo:

Especie: ostra plana (Ostrea edulis).

Cultivo en cordas:

-Cordas.

Nº máximo: 3.000.

Densidade máxima: 6 cordas/m útil.

Lonxitude máxima: 7 m.

Terceira: a concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no artigo 14 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, ou polo incumprimento dalgunha das condicións recollidas nesta resolución.

Cuarta: de acordo co disposto no artigo 24 do citado Decreto 406/1996, o viveiro estará debidamente identificado mediante unha placa, de acordo co modelo aprobado para o efecto.

Quinta: ó establecemento seranlle de aplicación o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, Decreto 406/1996, do 7 de novembro e demais lexislación concordante.

Sexta: o concesionario xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acredita-la declaración de non estar suxeito o acto a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazos previstos nos artigos 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246 do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

8658