Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de agosto de 1998 pola que se autoriza o cambio de situación da batea denominada Ostreira número 3.

Visto o escrito presentado por Domingo Froján Insua, con DNI 32.534.966 no que solicita cambio de situación do viveiro Ostreira nº 3.

Tendo en conta as seguintes consideracións legais e técnicas:

-Os informes do sector e dos Servicios de Protección de Recursos.

-O proposto pola Dirección Xeral de Recursos Mariños.

-O disposto no artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228).

Considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve autoriza-lo seguinte cambio de situación:

Batea denominada: Ostreira nº 3.

Titular: Domingo Froján Insua.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 29-6-2001.

Localización anterior: polígono Muros B, cuadrícula nº 74.

Nova localización: polígono Muros B, cuadrícula nº 35.

Esta concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8588