Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 11 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 29 de xuño de 1998 dictada no expediente sancionador de Ourense OR-082/1997, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número OR-082/1997, incoado ó titular do establecemento denominado restaurante-parrillada Rancho Grande, situado na Avda. de Madrid, 161, de Xinzo de Limia (Ourense), xa que intentada polos medios habituais non puido efectuarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense, número 2046-0005-31-4040020916 da Caixa Ourense de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3-6-1987).

ANEXO

Expediente: OR-082/1997.

Denunciado: Antonio Lego García.

Establecemento: restaurante-parrillada Rancho Grande.

Domicilio: Avda. de Madrid, 161.

Localidade: Xinzo de Limia (Ourense).

Resolución: 29 de xuño de 1998.

Precepto infrinxido: artigo 87.3º da Lei 9/1997.

Sanción: cen mil unha (100.001) pesetas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1998.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

8587