Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (33/1994).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Rafael Otero Salgado, en nome e representación de Ramona Eulogia Otero Amigo, contra Bernardo Cambre España e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 20 de marzo de 1998 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido pronunciou no nome da El-Rei a seguinte sentencia:

En Carballo o 20 de marzo de 1998. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos do xuízo verbal civil número 33/1994 promovidos por Ramona Eulogia Otero Amigo, representada polo procurador Otero contra Bernardo Cambre España, declarado en rebeldía procesual.

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Otero en nome e representación de Ramona Eulogia Otero Amigo, contra Bernardo Cambre España e, na súa virtude, debo declarar e declaro a separación matrimonial dos ditos conxúxes, con tódalas consecuencias legais inherentes ó dito pronunciamento, debendo rexerse a situación persoal e patrimonial dos cónxuxes do modo fixado no fundamento xurídico segundo esta sentencia, que se dá aquí por reproducido, e todo iso sen facer especial pronunciamento en canto a custas. Ó notificarlles esta sentencia ás partes fágaselles saber que en contra dela poderán interpor, ante este órgano, recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación da que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña.

Unha vez firme a presente resolución, remítase testemuña dela ó Rexistro Civil onde consta o matrimonio das partes.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuña para a súa unión ós autos pronúncioa, mándoa e asínoa».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lles sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Bernardo Cambre España, con DNI/CIF domiciliado no lugar das Rabuceiras-Buño (Malpica de Bergan

tiños-A Coruña), expídese o presente edicto en Carballo o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8826