1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende (Ourense).
2. Obxecto do contrato.
-Execución das obras de abastecemento a Dorno, Cerdal e Sobrado.
-Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 5.587.370 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
Na Casa do Concello de Gomesende (Sobrado), teléfono: 988 48 50 00, ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.
7. Presentación das ofertas.
As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo de 26 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
8. Apertura das proposicións económicas.
Na Casa do Concello ás trece horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.
9. Modelo de proposición.
Expediente de contratación das obras de:
Don/a..., con domicilio en..., número DNI..., en nome propio (ou en representación de...) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:
a) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúnes os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto e dispón da clasificación requirida.
b) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e se compromete a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.
c) Outras circunstancias:
c.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas... (en letra e número).
c.2. Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego: ... (detallar).
(Lugar, data e sinatura do propoñente).
Gomesende, 24 de agosto de 1998.
Redigundo Castro Fernández
Alcalde
8296