Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FISTERRA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1998, o Plan Especial de Protección do Espacio Natural do Cabo Fisterra sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formalizarse as reclamacións que se consideren oportunas.

Queda suspendida a concesión de licencias en todo o territorio obxecto de planeamento extinguíndose esta no prazo dun ano de acordo co disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Fisterra, 30 de xullo de 1998.

Ernesto Insua Olveira

Alcalde-presidente

8295