Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/189-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo Social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Tebra-Acal.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 20 KV, de 429 m de lonxitude, con conductor tipo LA-78, sobre apoios de formigón, e 200 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. de Tebra ata o C.T. que se proxecta en Acal, concello de Tui. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 KV-400/231 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de agosto de 1988.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8471