Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/188-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Guillarei-Soutelo.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T , aerosubterránea, a 20 kV, de 1.591 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e matálicos, e 288 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. da igrexa de Soutelo ata o C.T. que se proxecta en Soutelo. Guillarei, finalizando no C.T. existente na igrexa de Guillarei, concello de Salceda de Caselas C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8019