Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO sobre declaración de auga minero-medicinal do manancial de San Pedro de Donas, lugar de Donas, parroquia de Donas, concello de Boqueixón.

Juan Manuel García Pérez, con DNI 33.222.131-B, en representación de Garcilva, S.L., con enderezo en Boqueixón, Donas, s/n, provincia da Coruña, iniciou expediente para a declaración como auga minero-medicinal do manancial San Pedro de Donas, sito no lugar de Donas, parroquia de Donas, concello de Boqueixón, provincia da Coruña, de coordenadas UTM referidas ó huso 29: coordenada X: 550.200, coordenada Y: 4.780.050, cota: 70 m.s.n.m., para os efectos previdos no artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da

Comunidade Autónoma de Galicia e 4 do Decreto 402/1992, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña, 25 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

8603