Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/138-2, 5039 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilamaior, Seixalvo, Vilarcabreiro (Guntín).

Situación: Guntín.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56 cunha lonxitude de 1.969 metros. Dous centros de transformación de 50 kVA. Rede de baixa tensión a 380/220 V en R.Z. de 2.510 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8149