Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O órgano de contratación da obra de substitución do pavimento da pista do Centro Deportivo Municipal acordou, por Resolución con data do 18 de agosto, por proposta da mesa, concederlle ó concursante Picos de Europa, S.A. o prazo de emenda do artigo 101 do RCE, polo que non foi posible celebra-lo acto público de apertura de proposicións no prazo sinalado na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares e nos anuncios do DOG e BOP do 15 e 16 de xullo último respectivamente.

Polo exposto, fíxase para as trece horas do día 27 de outubro próximo a reunión da mesa, en acto público, para a apertura de proposicións e proposta de adxudicación do concurso.

Previamente a mesa examinará a nova documentación achegada pola indicada empresa.

O que se publica e comunica a tódolos participantes no concurso.

O Porriño, 17 de setembro de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde