Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 2 do PXOU, situado entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e Avenida de Compostela, con proposta de delimitación de dous polígonos para a súa xestión.

A Comisión de Goberno, en virtude da delegación do alcalde, do 15-7-1996, en sesión do 10-8-1998 acordou aprobar, con carácter inicial, o plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 2 do PXOU situada entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e Avenida de Compostela, que contén entre as súas determinacións a delimitacion de dous polígonos para a súa xestión, con sistema de actuación aplicable a cada un deles, sendo este instrumento urbanístico de desenvolvemento formulado, mediante iniciativa particular, por Prycoga, S.L. e composto do documento visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 7-1-1998 e o documento de emenda del con visado colexial do 3-6-1998, que reforma e anula os seus correlativos daquel, en función do informe previo emitido pola CPTOPV do 17-4-1998, sendo toda esta documentación redactada polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, e requirir da entidade mercantil promotora

do PERI a presentación, durante a súa fase de información pública, dun texto refundido do documento presentado orixinariamente e a súa emenda tralo informe previo da CPTOPV, coa finalidade de unificar nun único texto do PERI toda á documentación inicialmente aprobada, téndose tamén que emenda-lo punto 2.4.1, de xeito que a base da calzada sexa de 25 cm de H-150 e con especial referencia á Lei 8/1997, do 20 de agosto, sobre accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Tareixa) e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente, ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou porque intentada, a notificación non se puidese practicar.

Pontevedra, 10 de setembro do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

8809